RECOMENDACIONS DE VERAN

Xa se achegan as vacacións e, como non podía ser doutro xeito, Buli xa estivo facendo unha pequena escolma de aquelas lecturas que, de seguro, van gustar a grandes e pequenos para este verán. Xa sabedes, xogade moito, disfrutade do verán e molládevos de aventuras cun bo libro.

10 ANOS CON BULI

E xa van 10 anos de presenza de Buli na nosa biblioteca. Por iso, e para celebralo como se merece, preparamos unha exposición  con todos os Bulis que nos acompañaron durante esta década no salón de actos do colexio. Alí están acudindo por quendas todos os nenos do cole e, de paso, escollendo cal é o seu Buli favorito. A enquisa está aberta tamén a pais/nais, a profes e a quen queira achegarse e participar. 


3º CERTAME POÉTICO NA BIBLIO DE BULI

Xa está en marcha o 3º certame poético, este ano adicado a Manuel María. E xa temos voluntarios anotados para vir recitar algún que outro poemiña. E ti, a que agardas? Pásate pola biblioteca e anótate.

CONTACONTOS

Esta mañá os nen@s de 3º de E. Primaria tiveron unha sesión de contacontos moi especial na biblioteca de Buli. Dende o departamento de Asuntos Sociais do Concello de Cangas un integrante do grupo de interculturalidade veu contarnos unha historia. Non só nola contou, senón que tamén nos ensinou diversos aspectos da cultura árabe, incluso nos deixou cheirar uns frascos con diversas especias que el mesmo trouxo deses países e tocar un pouquiño de area do propio deserto do Sáhara.

DIA DO LIBRO EN CASTRILLÓN

No día do libro fomos Don Quijote e Dulcinea por uns intres e inmortalizamos o momento.


MÁIS DO DÍA DO LIBRO

Unha vídeo historia para fomentar a lectura. E ti, tamén pintas nas nubes?

DÍA DO LIBRO 2016

Xa se achega o día do libro, o día 23 de abril.Aquí vos deixo un enlace a unha páxina onde poderedes atopar diferentes actividades para cursos diversos e así traballar esta efeméride.Agradecementos a Marta Maceira e ao Ratiño Conmeniño.
http://www.symbaloo.com/mix/diadellibro