skip to main |
skip to sidebar
Esta mañá os nen@s de 3º de E. Primaria tiveron unha sesión de contacontos moi especial na biblioteca de Buli. Dende o departamento de Asuntos Sociais do Concello de Cangas un integrante do grupo de interculturalidade veu contarnos unha historia. Non só nola contou, senón que tamén nos ensinou diversos aspectos da cultura árabe, incluso nos deixou cheirar uns frascos con diversas especias que el mesmo trouxo deses países e tocar un pouquiño de area do propio deserto do Sáhara.
0 comentarios:
Publicar un comentario