LECTURA MOI RECOMENDADA

Porque Cuqui non quere ir á lavadora, conto moi MOI IMPORTANTE para lerlles aos maiores antes de durmir.
É o título do primeiro álbum da escritora María Lado , publicado en Apiario en 2014. As ilustracións son de Yanina Torres Tuirán. Neste álbum, María Lado cóntanos o que lle acontece a Cuqui, un osiño de peluxe, dende a visión dun neno pequeno que cuestiona a sensibilidade das persoas adultas.
Este álbum ten interes para a lectura en familia e a través del podemos establecer vínculos afectivos coa lingua, tan necesarios hoxe.

0 comentarios:

Publicar un comentario