
E deste xeito celebramos en Castrillón o día das bibliotecas escolares: Xornada de contacontos de medo na biblioteca de Buli decorada para a ocasión.
Foron pasando todos os cursos durante toda a mañá pola biblioteca para ler dentro un breve relato de medo. Non todos soportaron a presión do túnel escuro, as mans ensangrentadas na porta, a leve oscuridade do local ambientado coma un cemiterio,... Pero todos disfrutaron da sensación que o medo produce e do alivio que sucede cando todo remata.Grazas Susana polo traballo de ambientación tan orixinal.


0 comentarios:
Publicar un comentario